A actividade formativa enmárcase dentro do programa municipal Comunico, orientado a superar as limitacións invisibles que cada día se lle impoñen ás persoas con diversidade sensorial e a defender a equidade, a accesibilidade universal, a inclusión e a comunicación sen límites
O concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey, clausurou esta mañá na Sala Valdecorvos da Casa Azul o Curso de Lingua de Signos de nivel A1.1 (básico) organizado polo seu departamento en colaboración co colectivo Xoga (Organización de Diversidade Sensorial de Galicia) no marco do programa municipal Comunico. Esta acción formativa de balde, destinada ao propio persoal da Concellería e á poboación en xeral, desenvolveuse desde o pasado 8 de outubro, tódolos sábados, en horario de 10:00 a 13:00 horas, e nela participou un grupo dunhas 15 persoas (tiñan preferencia á hora de inscribirse os familiares directos de persoas xordas e con perda auditiva, @s usuari@s de Servizos Sociais e as persoas desempregadas, sendo imprescindible estar empadroado/a no concello de Pontevedra).
O curso responde á filosofía do programa Comunico de superar as limitacións invisibles que cada día se lle impoñen ás persoas con diversidade sensorial e de defender a equidade, a accesibilidade universal, a inclusión e a comunicación sen límites. A Lei 27/2007 recoñece a Lingua de Signos Española e o seu dereito a ser empregada en calquera contexto (medios de comunicación, centros educativos, centros sanitarios…), o que levou á Concellería de Benestar Social e a Xoga a impulsar iniciativas para incrementar o estudo e emprego desta importante ferramenta integradora, imprescindible para a eliminación das barreiras de comunicación.
[embedded content]
En las primeras horas del día en Pontevedra el cielo estará cubierto con tormentas y…
Durante el día de hoy en Pontevedra el cielo estará cubierto con lluvia. En cuanto…
Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…
En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…
El grupo italiano Comelit ha firmado la adquisición del 98% del capital social de Ingenium…
'Condé Nast Traveler' ha publicado su 'Hot List' anual con los mejores hoteles del mundo…
Esta web usa cookies.