Inicio Últimas Noticias A concellería de Patrimonio Histórico restaura e dálle unha segunda vida ao...

A concellería de Patrimonio Histórico restaura e dálle unha segunda vida ao cruceiro de Meuterrón, danado polo golpe dun vehículo

O elemento patrimonial sufrira danos importantes, mais conta con ser instalado de novo neste lugar de Verducido a mediados de decembro 

A concellaría de Patrimonio Histórico dirixida polo edil Xaquín Moreda está a piques de ver finalizado o proceso de restauraciópn do cruceiro de Meuterrón, situado na parroquia de Verducido, ao carón do número 31.

Esta peza patrimonial sufrira danos importantes logo de golpear un vehículo a súa base, propiciando a caída do mesmo e escachando partes significativas da súa parte superior, como son a cruz e o capitel. A veciñanza, que custiodou as pezas, permitiu a realización dun proceso de restauración e arranxo que está na súa fase final e que rematará coa volta do cruceiro ao mesmo punto.

Leer más:   Gestagua sacudida por escándalo: directiva destituida por fraude documental

O arqueólogo municipal sinala que a restauración derivou en varios procesos, como foi a adhesión das pezas rotas cunha resina epoxi, amais do amarre final con pernos de poliéster e unha reintegración con morteiro a base de cal. 

Doutra banda, fíxose unha limpeza mecánica —manual— do cruceiro, non excesivamente intensiva, para así manter a capa natural embelecedora do monumento, como son os liques que habitan na súa pedra e que tamén teñen unha función de protección. Segundo as estimacións dos técnicos, a peza podería ser do século XIX e mesmo dun tempo anterior. Un lado da cruz amosa unha imaxe de Cristo crucificado, namentres a outra mostra á Virxe da Soidade.

Leer más:   Gestagua sacudida por escándalo: directiva destituida por fraude documental

Os traballos de restauración foron realizados pola empresa pontevedresa BIC Materiales y Conservación. Na actualidade estase a obrar na base do cruceiro, elevandoa e agardando a recolocación do resto de pezas. Estes traballos dependen da meteoroloxía para asegurar unha instalación total e segura para o cruceiro, mais está previsto que finalicen a mediados de mes.

O edil Xaquín Moreda explica que a concellería de Patrimonio histórico continuará co seu labor de salvagardar e restaurar este tipo de pezas «tan representativas da historia e paisaxe galego», e agarda que o cruceiro volva «o máis pronto posíbel» ao lugar onde pertence. Cómpre indicar que tamén será modificada a sinalización horizontal do lugar co fin de reconducir o tránsito de vehículos e así minorar un eventual novo impacto.

Leer más:   Gestagua sacudida por escándalo: directiva destituida por fraude documental

- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Praza de Ourense volve a acoller o Mercado de árbores naturais de Nadal nesta fin de semana
Artículo siguienteO programa CaixaProinfancia renova a súa colaboración con Benestar Social e a Fundación Meniños para ofrecer máis oportunidades e integración social a 50 familias de Pontevedra