n colaboración coa Concellaría de Montes, dáse a posibilidade de que estas árbores e arbustos teñan unha segunda vida despois do Nadal co programa Rearborízate.
A Praza de Ourense acolle este venres, sábado e domingo – 1, 2 e 3 de decembro- o Mercado de árbores naturais de Nadal organizado pola Concellaría de Festas.
O Mercado ofrecerá especies como acivros, abetos, plantas decorativas… en definitiva, todo tipo de especies naturais propias destas datas entre as 11.00 horas e as 21.00 horas. A compra irá acompañada dunha serie de consellos sobre como coidar as árbores e arbustos durante a súa estadía nos domicilios, especialmente vinculados ás achegas de auga e ao calor.
Ao igual que na primeira edición, o Mercado dará a posibilidade de trasladar as compras ás vivendas dos clientes, especialmente se se tratan de árbores de envergadura. E aínda que chova, o Mercado manterase igual dado que se instalará unha carpa para despachar as compras.
En colaboración coa Concellaría de Montes, dáse a posibilidade de que estas árbores e arbustos teñan unha segunda vida despois do Nadal co programa Rearborízate. Rematadas as festas, as persoas que queiran poden levar a súa árbore a unha parcela do monte comunal de Tomeza ou ben cedela á Concellaría que a plantará nesta parcela co nome do seu propietario.
[embedded content]
¿Cómo estará el tiempo en Pontevedra durante el próximo puente de mayo? Los expertos advierten…
Para hoy por la mañana en Pontevedra tendremos más nubes que claros con lloviznas generalizadas.…
El presidente de PwC España, Gonzalo Sánchez, manifestó que "los resultados del sector financiero son…
Con el NYYC American Magic y el Orient Express Racing a punto de desvelar sus…
En el marco del Día Internacional de la Seguridad y la Salud en el Trabajo,…
Grupo Albia ha sido reconocida, un año más, por su excelencia en el acompañamiento a…
Esta web usa cookies.