Categorías: Últimas Noticias

Santa Clara preparada para acoller esta fin de semana aos visitantes que se acheguen a coñecer as escavacións arqueolóxicas e a súa historia

As xornadas de portas abertas de sábado e domingo estarán guiadas polos profesionais que participaron nas escavacións do convento. Será en horario continuado de 10.00 a 17.30 horas e a entrada será de balde.

Proxectarase un vídeo sobre este ano da compra e disporán dun folleto que irá informando dos distintos fitos históricos de Santa Clara. 

O Concello de Pontevedra revista nestes días os detalles para as xornadas de portas abertas do Convento de Santa Clara previstas para esta fin de semana, 3 e 4 de decembro con motivo do primeiro aniversario da súa compra e da apertura ao público. Estas xornadas permitirán coñecer as sondaxes arqueolóxicas realizadas en boa parte da planta baixa do convento e no bosque. O horario de apertura será de 10.00 a 17.30 horas, en horario continuado ambos os dous días. A entrada será de balde e sen inscrición.

Farase un percorrido polos traballos arqueolóxicos guiado polos profesionais que traballaron neles. A igrexa será o “centro de recepción de visitantes” onde se proxectará un breve vídeo (duns 3 minutos aproximadamente) sobre este ano da compra, os labores de escavación e os datos históricos dos que agora se dispoñen sobre Santa Clara. Tamén se lles entregará un folleto cunha breve explicación da visita.

Os visitantes farán un percorrido previamente definido e pararanse en distintos puntos onde os agardarán os guías que irán explicando a historia de Santa Clara a través dun relato histórico. Logo de acceder á Igrexa, os visitantes entrarán no convento pola porta de Carros para dirixirse até o edificio do século XVIII, á chamada sala das Tullas onde se atoparon muros das antigas edificacións de Santa Clara. Trátase dun baixo non aberto ao público xa que estaba totalmente cheo de entullos.

Continuarán cara o lagar, e a adega, para saír polo claustro onde poderán ver los enterramentos sen os osos retirados para o seu estudo. Sairán cara o exterior para ver as canalizacións e pavimentos atopados ao carón do antigo cemiterio, e trasladaranse polo xardín ao antigo refectorio e a cociña coa lareira, onde se lles indicarán os costumes e a evolución daquelas dependencias. Antes de saír, pasarán pola parte máis antiga da edificación, onde se lles explicarán as hipóteses que se barallan sobre a creación do convento. 

Ao tratarse dunha xornada de portas abertas “singular” xa que se disporá de guías informando dos principais fitos do convento, a Concellaría de Patrimonio Histórico recomenda que as visitas se vaian presentando ao longo da xornada para evitar grandes esperas. De todos os xeitos, a planificación prevista pola Concellaría permitirá que arredor de 250 persoas estean simultaneamente nos distintos puntos do convento.

Estas xornadas están incluídas dentro dunha programación máis ampla que o Concello de Pontevedra organiza xunto á Deputación provincial que está a celebrar un ciclo de conferencias sobre as escavacións arqueolóxicas. De feito, mañá pola tarde, na igrexa a partir das 19.30 horas falarase de “A vida a través da morte. Aproximación ao estudo das individuais recuperadas no convento de Santa Clara”. Dr Olalla López e Clara Veiga, responsables dos estudos de antropoloxía, falarán sobre as inhumacións. 

Redacción

Entradas recientes

La transición energética debe ser equitativa, insiste Arabia Saudí

Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…

12 horas hace

El 61% de los desempleados mayores de 55 años lleva más de un año buscando empleo

En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…

12 horas hace

Comelit y

El grupo italiano Comelit ha firmado la adquisición del 98% del capital social de Ingenium…

13 horas hace

César Lanzarote y Palacio Arriluce lideran los mejores alojamientos de lujo

'Condé Nast Traveler' ha publicado su 'Hot List' anual con los mejores hoteles del mundo…

13 horas hace

Envían a prisión a seis implicados en redada antidroga en Pontevedra y Madrid

Detalles de la operación El pasado jueves, el magistrado de la Audiencia Nacional, en función…

19 horas hace

El tiempo para hoy en Pontevedra, 3 de mayo de 2024

A lo largo del día de hoy en Pontevedra habrá cielos cubiertos con lluvia. Las…

22 horas hace

Esta web usa cookies.