Inicio Últimas Noticias Marcos Rey entrega os diplomas aos 13 alumnos e alumnas participantes no...

Marcos Rey entrega os diplomas aos 13 alumnos e alumnas participantes no Curso de Operador/a de Carretillas Elevadoras organizado pola Asociación Amicos en colaboración con Ara Formación e a Concellería de Benestar Social

A actividade formativa enmárcase no Programa Más Empleo de Fundación La Caixa, subvencionado polo Fondo Social Europeo, e estivo dirixida a persoas desempregadas con discapacidade ou en risco de exclusión social

O concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey, presidiu esta mañá no centro formativo Ara Formación o acto de entrega de diplomas aos 13 alumnos e alumnas participantes no Curso de Operador/a de Carretillas Elevadoras organizado polo departamento de Orientación, Formación e Emprego da Asociación Amicos, financiado a través do Programa Más Empleo de Fundación La Caixa (con subvención do Fondo Social Europeo da UE). Trátase dun grupo de usuarios e usuarias do colectivo, dedicado á atención e integración de persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise e dano cerebral e ás súas familias, que ao longo das pasadas semanas tiveron ocasión de formarse nun eido que lles abrirá moitas portas no mercado laboral.

Leer más:   Cuándo abren las piscinas en Pontevedra Estos son los horarios

Trala entrega dos diplomas, Marcos Rey aproveitou para felicitar desexar un bo Nadal aos beneficiarios da formación, augurando unha entrada de 2023 “que sen dúbida traerá moitas oportunidades de acceso ao traballo”. “Eu mesmo fixen este curso de carretilleiro no seu día e sei perfectamente a enorme demanda que hai neste ámbito”, sinalou o edil do PSOE.

A formación, dirixida a persoas desempregadas con discapacidade ou en risco de exclusión social, tivo unha duración de 24 horas na modalidade mixta, 16 online e 8 presencial. Marcos Rey asegurou que “para o Concello foi un pracer ceder espazos na Casa Azul para contribuír á formación dos que máis o precisan”. Doutra banda, Miguel Beiro, responsable da área de Alianzas e Emprego de Amicos, quixo dar as grazas a todos os participantes, recoñecendo o esforzo realizado e animándoos a ter unha boa actitude de cara ao mundo laboral.Entre os asistentes ao acto desta mañá atopábanse Marta Besada e Rosa Agrelo, dúas técnicas da asociación Amicos neste programa de Más Empleo, que quixeron agradecer aos participantes o interese e tenacidade ao longo de todo o curso. Asemade, dedicaron unhas palabras de agradecemento ao Concello de Pontevedra pola súa boa predisposición cedendo o espazo no que realizar a formación e permitindo que accións como esta sexan posibles.

Leer más:   ¿Cuándo es el útimo día de clases en Pontevedra? El calendario que necesitas

Durante o curso, os alumnos participantes recibiron formación teórica en aspectos como a condución en baleiro e con carga; operacións de elevación; utilización de accesorios especiais para unidades de carga determinadas; cargas oscilantes ou con centro de gravidade variable; elevación de persoas; tipos de estantes e sistemas de almacenaxe; mantemento preventivo típico (rodas, niveis…); equipos de protección individual; estacionamento da máquina en aparcadoiro, ou procedementos a seguir no caso de producirse situacións de risco, retención do operador… No que atinxe á parte práctica, os beneficiarios tiveron ocasión de reproducir manobras sen carga, desprazamentos en ámbalas direccións, velocidades, xiros, freadas, utilización en ramplas; manobras semellantes con carga; carga e descarga de camións, colocación e retirada de cargas en estantes, apiñado e retirada de cargas en superficie libre; manobras extraordinarias tales como cargas de dimensións ou características fora do habitual pola súa lonxitude e forma; ou o manexo dunha carga simultánea con dúas carretillas (contidos axustados aos establecidos na Norma UNE 58451:2012, de Formación dos Operadores de Carretillas de Manutención ata 10.000 kg).

Leer más:   ¿Cuándo es el útimo día de clases en Pontevedra? El calendario que necesitas

- Te recomendamos -
Artículo siguienteA DXT eloxia o traballo feito por Pontevedra á hora de liderar e promover unha mobilidade segura e sostíbel nas cidades