Inicio Últimas Noticias A Praza de Ourense volve a acoller o Mercado de árbores naturais...

A Praza de Ourense volve a acoller o Mercado de árbores naturais de Nadal nesta fin de semana

n colaboración coa Concellaría de Montes, dáse a posibilidade de que estas árbores e arbustos teñan unha segunda vida despois do Nadal co programa Rearborízate.

A Praza de Ourense acolle este venres, sábado e domingo – 1, 2 e 3 de decembro- o Mercado de árbores naturais de Nadal organizado pola Concellaría de Festas.

O Mercado ofrecerá especies como acivros, abetos, plantas decorativas… en definitiva, todo tipo de especies naturais propias destas datas entre as 11.00 horas e as 21.00 horas. A compra irá acompañada dunha serie de consellos sobre como coidar as árbores e arbustos durante a súa estadía nos domicilios, especialmente vinculados ás achegas de auga e ao calor.

Ao igual que na primeira edición, o Mercado dará a posibilidade de trasladar as compras ás vivendas dos clientes, especialmente se se tratan de árbores de envergadura. E aínda que chova, o Mercado manterase igual dado que se instalará unha carpa para despachar as compras.

Leer más:   Policía arrestado en Vigo (Pontevedra) por su vinculación con red de narcotráfico en Murcia

En colaboración coa Concellaría de Montes, dáse a posibilidade de que estas árbores e arbustos teñan unha segunda vida despois do Nadal co programa Rearborízate. Rematadas as festas, as persoas que queiran poden levar a súa árbore a unha parcela do monte comunal de Tomeza ou ben cedela á Concellaría que a plantará nesta parcela co nome do seu propietario. 

[embedded content]


- Te recomendamos -
Artículo anteriorSanta Clara preparada para acoller esta fin de semana aos visitantes que se acheguen a coñecer as escavacións arqueolóxicas e a súa historia
Artículo siguienteA concellería de Patrimonio Histórico restaura e dálle unha segunda vida ao cruceiro de Meuterrón, danado polo golpe dun vehículo