Inicio Últimas Noticias O concelleiro Marcos Rey clausura na Casa Azul o Curso de Lingua...

O concelleiro Marcos Rey clausura na Casa Azul o Curso de Lingua de Signos organizado en colaboración con Xoga

A actividade formativa enmárcase dentro do programa municipal Comunico, orientado a superar as limitacións invisibles que cada día se lle impoñen ás persoas con diversidade sensorial e a defender a equidade, a accesibilidade universal, a inclusión e a comunicación sen límites

O concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey, clausurou esta mañá na Sala Valdecorvos da Casa Azul o Curso de Lingua de Signos de nivel A1.1 (básico) organizado polo seu departamento en colaboración co colectivo Xoga (Organización de Diversidade Sensorial de Galicia) no marco do programa municipal Comunico. Esta acción formativa de balde, destinada ao propio persoal da Concellería e á poboación en xeral, desenvolveuse desde o pasado 8 de outubro, tódolos sábados, en horario de 10:00 a 13:00 horas, e nela participou un grupo dunhas 15 persoas (tiñan preferencia á hora de inscribirse os familiares directos de persoas xordas e con perda auditiva, @s usuari@s de Servizos Sociais e as persoas desempregadas, sendo imprescindible estar empadroado/a no concello de Pontevedra).

Leer más:   Galicia registra un alto número de muertes laborales en 2023

O curso responde á filosofía do programa Comunico de superar as limitacións invisibles que cada día se lle impoñen ás persoas con diversidade sensorial e de defender a equidade, a accesibilidade universal, a inclusión e a comunicación sen límites. A Lei 27/2007 recoñece a Lingua de Signos Española e o seu dereito a ser empregada en calquera contexto (medios de comunicación, centros educativos, centros sanitarios…), o que levou á Concellería de Benestar Social e a Xoga a impulsar iniciativas para incrementar o estudo e emprego desta importante ferramenta integradora, imprescindible para a eliminación das barreiras de comunicación.

[embedded content]


- Te recomendamos -
Artículo anteriorMonte Porreiro estreará en xaneiro do vindeiro ano un parque canino de 1.100 metros cadrados na zona verde situada a carón da Galiña Azul
Artículo siguienteConcello e Espazo Coop asinan o protocolo que permitirá a creación da primeira aceleradora de economía social na Galiza